HOME

  • Título da diapositiva

    Escriba su subtítulo aquí
    Botón
  • Título da diapositiva

    Escriba su subtítulo aquí
    Botón
  • Título da diapositiva

    Escriba su subtítulo aquí
    Botón
  • Título de diapositiva

    Escriba su subtítulo aquí
    Botón

Ola, eu son

Elena Gallego Abad


Grazas por visitar este sitio especial, co que pretendo achegar o meu universo aos lectores dos meus libros. Nesta páxina podes atopar información sobre a miña traxectoria como escritora e o meu traballo como xornalista.



 A través da web terás acceso ao universo de Dragal, a saga do último dragón, publicado en diferentes idiomas. Tamén podes coñecer aos protagonistas
da miña novela negra Sete Caveiras e descubrir algúns dos novos proxectos
nos que estou a traballar.



Benvid@s

Moi pronto

O libro que á miña nai lle gustaría que escribise

Xa falta menos para que descubras esta gran novela

:
:
:
Days
Hours
Minutes
Seconds

O Legado, xa nas principais librarías

Desexándoa ler!
  • Título da diapositiva

    Escriba su subtítulo aquí
    Botón
  • Título da diapositiva

    Escriba su subtítulo aquí
    Botón
  • Título da diapositiva

    Escriba su subtítulo aquí
    Botón
  • Título da diapositiva

    Escriba su subtítulo aquí
    Botón
  • Título da diapositiva

    Escriba su subtítulo aquí
    Botón
  • Título da diapositiva

    Escriba su subtítulo aquí
    Botón
  • Título da diapositiva

    Escriba su subtítulo aquí
    Botón
  • Título da diapositiva

    Escriba su subtítulo aquí
    Botón
  • Título da diapositiva

    Escriba su subtítulo aquí
    Botón
  • Título da diapositiva

    Escriba su subtítulo aquí
    Botón
  • Título da diapositiva

    Escriba su subtítulo aquí
    Botón
  • Título da diapositiva

    Escriba su subtítulo aquí
    Botón
  • Título da diapositiva

    Escriba su subtítulo aquí
    Botón
  • Título da diapositiva

    Escriba su subtítulo aquí
    Botón

Un universo máxico

Dragóns.


Poucos personaxes de lenda se manteñen vivos na memoria colectiva como estes seres, que rozan a divinidade.



En todo o mundo, en todas as épocas, existen lendas sobre esta figura, destacada nos textos sagrados e na iconografía universal.

Mais... Que acontecería se o dragón de pedra acaroado á fachada dunha vella igrexa románica cobrase vida?



E se ese dragón, que garda o secredo dunha profecía milenaria que está a piques de cumprirse, se encarnase no noso protagonista?



Con inspiración no mito da “translatio” do apóstolo Santiago que recollen as páxinas do famoso Códice Calixtino, sobre as que tamén se construiu o mito xacobeo, Dragal descóbrenos que as vellas lendas da raiña Lupa e as máxicas augas da Poza da Moura están relacionadas coa peregrinaxe a Compostela do alquimista Nícolas Flamel, na época medieval.

Ler máis

Á caza do asasino

Cando a xornalista Marta Vilas descobre o cadáver dun motorista aboiando en augas do porto vigués do Berbés, non pode imaxinar que o pequeno xoguete que o seu asasino agochou no peto do morto está a piques de mudarlle a vida.


Aquel click, das primeiras series da desaparecida Famobil, é o único fío que parece unir este asasinato co do garda civil rescatado por un pesqueiro de Cangas.E cos cadáveres que, ao longo dos días seguintes, irán aparecendo na ría de Vigo.


Pero ninguén máis o sabe.


Sobre a mesa de Marta Vilas comezan a amorearse os xoguetes de colección: Un click motorista roubado do peto dun motorista, un click garda civil atopado preto do corpo dun membro da benemérita, un click pirata esquecido no coche dun informático asasinado...


Para a xornalista, apartada da sección de Sucesos por diferenzas co redactor xefe do seu diario, descubrir a identidade do criminal convértese nunha obsesión.


Aínda que nunca poderá contar todo o que sabe.

Trepidante e por momentos divertida, Sete Caveiras fía unha serie de asasinatos en escenarios reais con sinalados acontecementos dos anos oitenta.


Esta novela, tamén homenaxe da autora á profesión xornalística, tece unha engaiolante trama de intriga con banda sonora da Movida.

Ler máis

Unha cita a cegas

«Pandora é o perigo; Babel, a confusión. O noso amor non ten futuro.»



Ou si? Atreveríaste a acudir a unha cita a cegas?



Un cruceiro polo Mediterráneo, Tunisia, Libia, Malta...



Uns ollos de cor verde intensa, coma o mar en días de temporal...



E Patricia, agora casada co profesor que un día dirixiu a súa frustrada tese de doutoramento, descobre na pequena filla Mencía a pegada dun amor esquecido que regresa para atormentala.



Alén dunha simple aventura, "O xogo de Babel" traza, desde os distintos puntos de vista e circunstancias dos protagonistas, un intenso triángulo amoroso complicado pola fidelidade debida a unha antiga amizade que, desde a infancia, une marido e amante.


Booktrailer

Paixón por comunicar

Retallos da miña traxectoria como xornalista

Próximamente

Xa falta menos para...

Marta Vilas e o tenente Prieto, unidos nunha nova investigación


:
:
:
Days
Hours
Minutes
Seconds
¡Cuenta regresiva terminada!
Quéroa xa!
Share by: